デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 1月27日 18時46分


Raí Nascimento, novo xogador do #Dépor2021 Benvido Raí, #TocaVolverseMollar!

Raí Nascimento de Oliveira (Rio de Janeiro, Brasil, 18 de maio de 1998) converteuse hoxe en novo xogador do #Dépor até final de temporada.

Aterrado en España á idade de 14 anos, Raí Nascimento formouse no fútbol base da cidade de Zaragoza, onde militou no Stadium Casablanca (primeiro ano cadete) e o Stadium Venecia (segundo ano cadete). Con só 16 anos tivo que dar o salto á categoría senior, xa que a regulamentación impide xogar a estranxeiros menores de idade en categoría nacional. Militou dúas campañas no AD Alfindén, en Preferente, antes de ser fichado polo Real Zaragoza ao cumprir a maioría de idade.

Despois de actuar con contagotas co primeiro equipo maño, Raí foise cedido á UD Ibiza-Eivissa, onde totalizou 39 partidos e 5 goles en temporada e media antes de volver ao conxunto maño ao comezo da actual campaña. No presente curso, o brasileiro disputou 7 encontros entre Segunda División e Copa do Rei, nos que anotou 1 tanto.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

2,832

153

2021/1/27

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人