デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 9月16日 21時19分


Inscricións abertas para a #EscolaRCDeportivo 20·21 con novas sedes en Boiro, Caranza e Bertamiráns⠀

A Fundación RC Deportivo organiza por terceiro ano consecutivo a Escola RC Deportivo na súa sede da Coruña (Alvedro), á que por primeira vez sumaránselle en Galicia as de Boiro, Caranza e Bertamiráns.⠀

A finalidade destas escolas é complementar os adestramentos e a formación futbolística dos nenos e nenas de 6 a 14 anos, de maneira personalizada e individualizada e baixo a supervisión dos técnicos do RC Deportivo, que se desprazarán até cada instalación en colaboración coa EFM Concello de Boiro, o Galicia de Caranza e o Bertamiráns FC.⠀

As prazas son limitadas e as inscricións xa se atopan abertas para todas as sedes na web oficial http://escola.rcdeportivo.es/ onde poden consultar tamén toda a información relacionada con horarios, datas, tarifas e que inclúe a Escola RC Deportivo. Ademais os 100 primeiros inscritos antes do mes de outubro levarán de agasallo unha bufanda do Dépor.⠀

No caso da Escola RC Deportivo da Coruña, até hoxe mércores día 16 de setembro está aberto o prazo para renovacións de alumnos e alumnas que participaron na temporada anterior e a partir de mañá estará aberta a plataforma para novas altas.⠀

Do mesmo xeito que para os DéporCampus Cabreiroá, aplicarase un protocolo especial fronte á COVID-19. O uso de vestiarios e duchas estará prohibido, as familias deberán entregar o documento de participación responsable que se enviará por email, adaptarase a metodoloxía e establecerase un control de acceso ás instalacións, entre outras moitas outras medidas.⠀

Os adestramentos darán comezo no mes de outubro. Para calquera dúbida ou consulta achega do proceso de inscrición poden escribir á dirección de correo electrónico escola@rcdeportivo.es ou chamar ao número de teléfono 981 259 500 Ext. 3.⠀

A Escola RC Deportivo está aberta a calquera neno ou nena que desexe participar, independentemente do seu nivel técnico ou a súa experiencia en fútbol.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

1,540

0

2020/9/16

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人